Que é un Club de Lectura?

Os clubs de lectura son grupos de xente que se reunen periodicamente, coa axuda dunha persoa coordinadora, para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Calquera persoa que queira. Neste caso, o Club de Lectura da Asociación Veciñal está orientado a persoas de máis de 18 anos.

COMO SE FAN AS LECTURAS?

As lecturas fanse de forma individual no tempo libre de cada un, seguindo o ritmo marcado polo club.

CAL É A FINALIDADE DO CLUB?

O propósito do club é o de crear un espazo de discusión sobre temas, autores, xéneros literarios e compartir intereses de lectura.

COMO SERÁ O MEU PRIMEIRO DÍA DENTRO DO CLUB?

O primeiro día estará adicado a coñecerse e falar dos libros que máis nos gostan. Despois anótanse ideas sobre posíbeis lecturas e se debate sobre cal escoller.

EN QUE IDIOMA SERÁ?

As lecturas poderán ser en galego ou castelán.