Unha nova actividade vai comezar na nosa Biblioteca Veciñal de Monte Alto: a creación dun Club de Lectura! A verdade é que sentimos unha fonda emoción pois, dende hai tempo, desexábamos ampliar a nosa actividade para crear un maior espazo de convivencia e coñecemento mutuo. Ademáis, estará dinamizado pola nosa nova compañeira Elena, chegada dende Italia.
Comezará o xoves 19 de outubro ás 19:00 horas na nosa Biblioteca Veciñal. Haberá un máximo de 15 prazas.
Se non sabes o que é un club de lectura nin como funciona, podes consultalo na sección “Que é un club de lectura?“
Se xa o tes claro, non o dubides. Anótate e comeza a coñecer a xente nova ao tempo que descubres novas lecturas. Podes cubrir o formulario na seguinte páxina: Formulario inscrición